15/05/18

Os clubs de lectura recitan a Teijeiro

Como xa vos contamos, nos clubs de lectura de 5º e 6º estivemos lendo,  recitando e ilustrando poemas de Antonio García Teijeiro e agora queremos 
compartilos con vós. 

30/04/18

As familias contan en 3º

En 3º recibiron a visita de dúas nais que viñeron  contarnos un conto.
Mayca, a nai de Óscar, e María, a nai de Mateo Barcia. Leron dúas historias que tiveron moito éxito: " Jan estivo aquí " de Xosé Neira Cruz e " Anya y el tigre blanco " de  F. Bernard e F. Roca. María tivo de colaborador a Mateo. Foron dúas historias ben bonitas e moi ben contadas.
 Moitas grazas por contribuir a facer lectores!!!







24/04/18

O libro favorito en 5º curso

O alumnado de quinto curso preparou este vídeo para contarvos cales son os seus libros favoritos.
Esta é a continuación:

23/04/18

23 de Abril , día do libro

Esta semana rematamos o programa de actividades do mes do libro, cun agasallo!!!
Que contentos os nosos lectores e lectoras coas chapas de Paco!

18/04/18

As librerías colaboran


As librerías de Moaña, un ano máis colaboran connosco no fomento da lectura nas familias. Está aberta a exposición na biblioteca do cole cos novidosos fondos que nos emprestaron por uns días. Este ano , no proxecto Traballa que traballa, parécenos moi importante poñer en valor o traballo dos libreiros e libreiras que nos orientan e dan a coñecer novas lecturas.
Este curso participan La papelería, Alborada e  Nobel O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 5.30 da tarde, ata o xoves 19 de abril.


As familias contan na clase das tartarugas

MOITAS GRAZAS A TODOS

As familias contan en 6º de Infantil


MARÍA, a nai de Aitana , contoubos un conto de medo, para non ter medo:¿Quién es? , de Patricia Hegarty.
E despois, con axuda de Aitana a historia do Galo Quirico :
   



                                                    Moitas Grazas!



17/04/18

Ass familias contan e contan

JAVI, o pai de Ancor, contou un clásico que encantou aos nenas e nenas de 6º de Infantil: Los siete cabritillos y el lobo .






























E TRÓUXONOS UNS DEBUXOS PARA COLOREAR, QUE QUEDARON ASÍ DE BEN:




                          MOITAS GRAZAS!

16/04/18

Alana contadora de contos

ALANA é a auxiliar de conversa en inglés que está connosco este ano .
 Ela axúda ao alumnado a mellorar a competencia linüística e uns divertidos contos son unha das mellores maneiras. Este mes contou en 4º  e 5º de Infantil dous contos da Editorial Combel. Grazas Alana!!!







13/04/18

Biblioteca viva, escola viva

Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Estes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares,  teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.

O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva” 

12/04/18

Un mar de poesía con García Teijeiro

Todas as emocionadas espectativas se cumpriron onte coa visita do premiado , recoñecido e querido poeta:

11/04/18

García Teijeiro no cole!!!!

Hoxe temos unha visita moi especial:
Estamois moi emocionados!!

07/04/18

O mellor conto do mes, a mellor poesía do mes

Ao comenzar o ano, na aula de 6º de Educación Infantil escollen o mellor conto do mes e a mellor poesía do mes. A selección faise entre aqueles poemas e contos que leron na clase.
Estos son os escollido do mes de marzo:

OS TIGRES XA ESCOLLEMOS O  CONTO E A POESÍA FAVORITOS DO MES DE MARZO.AQUÍ ESTÁN. 


02/04/18

2 de abril, Día Internacional do libro Infantil

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha data que promove a organización internacional para o libro Xuvenil IBBY , en homenaxe ao nacemento de Hans Christian Andersen.
 Cada ano un país  é recoñecido pola a súa literatura difundindo a celebración cunha ilustración e un manifesto. Neste ano 2018, Letonia foi elixido como sponsor, redactando o texto  a escritora, poeta e editora Inese Zandere, recoñecida tamén polas súas propostas en favor da promoción da lectura  e o ilustrador Reinis Pêtersons que deseñou este atractivo cartel.

31/03/18

Antonio García Teijeiro en 1º e 2º

No mes da poesía nas aulas de 1º e 2º estiveron lendo e recitando poemas de Antonio García Teijeiro. Aquí os vemos:




Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...