06/04/16

Ledicia Costas na bibliotecadocole

Ledicia Costas, a autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" achegouse á biblioteca para encontrarse co alumnado de 4º, 5º, e 6º de Primaria. 
Contounos moitas curiosidades do libro que acadou tantos recoñecementos, o Premio Nacional de Literarura Infantil e xuvenil. o Premio Merlín....

Díxonos que lle gustaba moito visitar os coles e que foron estas visitas as que a fixeron sentirse creadora de historias, escritora de verdade. Aínda que escribe desde os 12 anos, foron os nenos e nenas, a rapazada como lle gusta chamarlle os que a fixeron sentirse escritora.
Falounos tamén do ilustrador, Víctor Rivas, que tan ben soubo darlle imaxe as ideas de Ledicia e revelounos que nalgunhas ilustracións había algunhas facaltruadas gráficas. Nós descubriramos algunha, pero non todas, polo que agora moitos dos nenos e nenas queren volver revisar a lectura.
Falounos tamén do seu segundo libro de Escarlatina, onde conta como era na súa vida antes de morrer, no Hotel Fantastique.
Temos moitas ganas de empezar a ler as aventuras de Escarlatina!!!


Grazas Ledicia por traernos tantas historias!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...