28/04/17

Traballando o cómic

Na semana da froita na clase de cuarto estamos facendo un obradoiro de cómic. Nalgúns dos traballos aparece a froita como protagonista:

Festival Letra Galegas 2107

Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa". avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.















27/04/17

O cómic como libro favorito

Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 4º curso fixo un traballo no que reflexaron cal era o seu libro favorito, explicaron a parte do mesmo que mais lle gustou e fixeron unha ilustración da portada.
Algúns elixiron como libro favorito un cómic, mirade que chulos!



26/04/17

Os dereitos da infancia en 6º curso

En 6º este curso na clase de Valores estivemos traballando sobre os Dereitos da Infancia. Só son 10; pero: estamos seguros de que todos os nenos e nenas do mundo están protexidos por eses dereitos? As noticias que recibimos fannos dubidar moito. Nós si que estamos protexidos por eles. O cal nos fai pensar que vivimos nunha parte do mundo que nos ten en conta.











20/04/17

As librerías de Moaña colaboran

As librerías de Moaña, un ano máis colaboran connosco no fomento da lectura nas familias. Está aberta a exposición na biblioteca do cole cos novidosos fondos que nos emprestaron por uns días. Ao mesmo tempo parécenos moi importante poñer en valor o comercio local como punto de venta especializado en lecturas.
Este curso participan La papelería, Alborada e O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 6 da tarde, ata o venres 21 de abril.



18/04/17

O xadrez na escola

O alumnado de 5º e 6º curso que practica xadrez no recreo continúa ensinando aos compañeiros. Segue axudando á clase de 4º de primaria unha vez á semana ( ver entrada en febreiro ) e tamén ao resto da clase de 6º de Primaria. Estes quedaron con ganas de seguir.






06/04/17

O cómic coas ferramentas dixitais

Os sinxelos programas de debuxo serven para o deseñode cómic desde idades ben temperás.
Mirade como avanzaron os nenos e nenas de 2º na elaboración de cómics!!! 





01/04/17

2 de abril, día Internacional do libro Infantil e xuvenil

A organización internacional para o libro Xuvenil IBBY promove a celebración do día internacional do libro infantil e xuvenil, en homenaxe ao nacemento de Hans Christian Andersen. Cada ano elixen un país recoñecendo a súa literatura. Este ano 2017 Rusia foi elixido como sponsor, redactando o texto  o poeta Sergey Makhotin (1953) e o cartel Mikhail Fedorov (1941).


Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...