14/06/17

Lecturas para o monte e a praia


Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos coa axuda de dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca que estarán alí para atendervos no seguinte horario:
-Luns 19 de xuño de  9  a 10 h.
-Martes 20 de xuño de 9 a 10h.
-Luns 26 de xuño de 9 a 14h (día da entrega das notas).


                                                                        

04/06/17

Casares en realidade aumentada

A partir de mañá e ata que remate o curso, queda aberta a exposición feita polo alumnado dos distintos cursos sobre Carlos Casares, persoa a quen se lle dedica este ano as Letras Galegas. Como sabedes, a exposición é interactiva e ten contidos de realidade aumentada que só poderedes ver se tedes descargada a aplicación AURASMA nos vosos dispositivos móbiles.
Tamén podedes pedir no cole algún dos Ipads que estarán a vosa disposición.
Vinde descubrir os contidos en realidade aumentada que agocha a exposición!!!
Esperamos a vosa visita!!!!


HORARIO: de 9:00 h. a 10:00 h. pola mañá e de 15:00 h. a 16:00 h. pola tarde.


Aquí vos deixamos unha guía para realizar a visita. Tamén a teredes en formato papel na entrada do cole.





01/06/17

Exposición Carlos Casares


A través do CÓDIGO QR, podedes accedes a toda a información sobre como descargar, instalas e empregar a  APLICACIÓN AURASMA  para poder visitar a exposición interactiva sobre carlos Casares, o autor das Letras Galegas 2017.





Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...